A Confraría de Pescadores de Carreira-Aguiño presenta este venres un libro sobre a historia do Pósito (1924-1944)

15 Xaneiro 2026

A Confraría de Pescadores de Carreira-Aguiño acollerá este venres, 16 de xaneiro de 2026, ás 17:00 horas, a presentación do libro O Pósito de Pescadores de Carreira-Aguiño (1924-1944). Unha aproximación ó litoral de Arousa Norte, da autoría de Daniel Bravo.

O acto terá lugar no Recinto da Lonxa, situado no Porto de Aguiño (nº 5), no concello de Ribeira, e contará coa participación da propia confraría como entidade organizadora. O patrón maior, José Antonio Santamaría Sampedro, será o encargado de dar a benvida ás persoas asistentes.

A obra afonda na evolución histórica do Pósito de Pescadores de Carreira-Aguiño durante o período comprendido entre 1924 e 1944, achegando unha visión rigorosa sobre a realidade social, económica e marítima do litoral de Arousa Norte neses anos clave. O libro contribúe á recuperación da memoria histórica do sector pesqueiro e do papel das confrarías na organización da vida mariñeira.

A presentación está aberta ao público e constitúe unha oportunidade para coñecer mellor a historia marítima local e o legado das xentes do mar de Aguiño e da súa contorna.

Outros artigos

A ABE lanza a campaña Black Friday Local: Grazas por estar aí

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) pon en marcha hoxe luns, 23 de novembro, a campaña Black Friday Local – Grazas por estar aí, unha iniciativa coa que se quere aproveitar esta semana para "agradecer a confianza das persoas que apoian as empresas de Boiro" e...

+

As farmacias de Noia súmanse á campaña de Noia polo 25N

As farmacias de Noia sumáronse estes días á campaña Noia di NON á violencia de xénero, encadrada na axenda do CIM e o Concello de Noia para celebrar e visibilizar o Día Internacional para a Eliminación da Violencia Contra as Mulleres, este 25 de novembro. Segundo...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Blindar a vivenda” – José Manuel Pena

“Blindar a vivenda” – José Manuel Pena

Está moi ben tratar de blindar na Constitución Española, que todas as pensións (de xubilación, invalidez, viuvez, en favor de familiares,…) se revaloricen, anualmente, segundo o Índice de Prezos ao Consumo; que se incremente, anualmente, o Salario Mínimo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.