O Concello de Ribeira destinará 153.627,51 euros do POS Adicional ao financiamento de gastos sociais extraordinarios

12 Xaneiro 2026

A Corporación municipal de Ribeira celebrou no mediodía deste luns 12 de xaneiro un pleno extraordinario sobre a participación do Concello no Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal POS+ Adicional 1/2026 da Deputación da Coruña coa aplicación da achega provincial asignada aos gastos sociais por un importe de 153.627,51 euros. Deste xeito, dita contía contribuirá a financiar parte dos gastos sociais
extraordinarios previstos para este 2026 que ascenden a 1.335.000 euros. A proposta saíu adiante co respaldo unánime dos presentes.

A estimación de gastos sociais para o presente exercicio inclúe a ampliación e dotación económica para as axudas de emerxencia e necesidade social (25.000 euros), a dotación da partida municipal destinada a cubrir a achega ao Servizo de Axuda no Fogar na modalidade dependencia (1.300.000 euros) e a creación ou ampliación dos servizos para o respiro e a conciliación familiar a unidades de convivencia que carezan de medios económicos
suficientes para asegurar a cobertura destas necesidades (10.000 euros).

Durante a súa intervención, a alcaldesa, María Sampedro, destacou a política social que se segue dende o Concello de Ribeira que, como novidade, creará ese programa respiro “para coidar a quen coida”, ademais de poñer en valor que todos eles “son servizos indispensábeis para a veciñanza”. Xunto á achega da institución provincial, a Administración local ribeirense prevé outros ingresos de arredor de 900.000 euros para contribuír a sufragar o investimento en materia social.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.