Tras unha pausa en época de Nadal, o Concello de Noia retoma esta semana o ciclo de reunións coa veciñanza das parroquias: o ciclo Goberno Escoita. Desta volta é a quenda da veciñanza do Couto, que poderá trasladar o Goberno local, a través dun encontro directo, todo tipo de propostas e suxestións para mellorar o seu día a día a e poñer a punto os servizos dos que desfrutan.
Será novamente “un espazo o diálogo”, informan dende o Concello, engadindo que “queremos tratar de primeira man as preocupacións, necesidades e ideas de toda a cidadanía de Noia, porque cremos nun goberno próximo, dialogante e disposto a construír solucións contando coa xente”. A cita é este mércores 14 de xaneiro ás 19.00 horas, na Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos.




