Alfonso Rueda e o alcalde de Lousame traballan en futuras melloras viarias na localidade

11 Xaneiro 2026

O presidente da Xunta de Galicia. Alfonso Rueda, e o alcalde do concello de Lousame, Esteban Ares, mantiveron esta semana unha xuntanza na que se abordaron diversas actuacións de mellora viaria na localidade.

Durante o encontro avaliáronse diferentes intervencións en vías e estradas do municipio coa finalidade de garantir as mellores condicións para o tráfico rodado e para os viandantes.

Esteban Ares agradeceu o compromiso do presidente e da Xunta de Galicia en xeral co Concello de Lousame, como demostran, dixo, “as distintas actuacións realizadas nos últimos anos e investimentos tan importantes como a construción da depuradora que dotará de saneamento a 382 veciños e veciñas de cinco aldeas do municipio, actualmente en execución por un importe de máis de 950.000 euros”.

“Ademais de avaliar distintas actuacións nas estradas autonómicas ao seu paso por Lousame, aproveitei para presentarlle outras actuacións nas que levamos tempo traballando dende o Concello como son a creación dun polígono empresarial en Lousame e a humanización da praza Teodomiro Hidalgo e a súa contorna, pois é un lugar onde conflúen moitos servizos para a veciñanza como son a Casa do Concello, o Centro de Saúde, o tanatorio, a farmacia, a Casa da Cultura ou o Centro de Día”, sinalou Ares García.

O rexedor lembrou tamén que a Xunta executou no últimos anos diferentes actuacións dirixidas á mellora viaria en Lousame como a mellora do firme e ensanche da AC-308 ou o reforzo do firme na vía de Portobravo a Tállara dende a DP-1104 ata a DP-1105.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...