O Pleno de Rois aproba destinar máis de 77.000 euros do POS+ adicional a gastos sociais

10 Xaneiro 2026

O Pleno da Corporación de Rois aprobou na sesión ordinaria celebrada este venres 9 de xaneiro destinar 68.653,37 euros a gasto corrente e 8.530,50 euros a investimento con cargo ao POS+ Adicional 1/2026, co obxectivo de financiar gastos sociais extraordinarios.

En total, o Concello de Rois destinará os 77.183,87 euros que lle corresponden da achega provincial deste plan a sufragar parte dos 569.506,33 euros previstos no orzamento municipal para gastos sociais durante o presente exercicio. O punto saíu adiante cos votos favorables do PP (8) e a abstención da oposición (PSdeG e BNG, 3 concelleiros).

Tanto o PSdeG como o BNG amosaron a súa discrepancia co equipo de goberno polo destino dos 8.530,50 euros asignados a investimento, ao considerar que deberían empregarse na compra de material para o uso directo das persoas usuarias dos servizos sociais. A concelleira da área, Mercedes Basante, respondeu que desde o Concello sempre se facilita o material extraordinario que precisan as persoas usuarias e explicou que esta partida queda reservada para a adquisición de mobiliario necesario para o departamento de Servizos Sociais.

No mesmo pleno, e cos votos a favor do PP e do PSdeG e a abstención do BNG, a Corporación aprobou corrixir un erro material detectado nos planos do PXOM na parroquia de Sorribas, co fin de marcar correctamente como equipamentos —relixiosos e cemiterios— a contorna da igrexa parroquial.

Ademais, o Pleno ratificou por unanimidade a resolución da Alcaldía pola que se aproba o proxecto de construción da nova depuradora de Sorribas, unha obra que será executada por Augas de Galicia e que conta cun orzamento de 250.173,07 euros.

No último punto da sesión, o BNG interesouse pola situación da recollida do lixo e pola pertenza do Concello de Rois á Mancomunidade Serra do Barbanza. O alcalde, Ramón Tojo, explicou que Rois, ao igual que Pontecesures, xa non forma parte da mancomunidade. “Temos unha prórroga para poder licitar o servizo de recollida do lixo”, indicou o rexedor, quen tamén sinalou que está mantendo negociacións cos concellos de Dodro, Pontecesures e Padrón para estudar a posibilidade de licitar conxuntamente o servizo e trasladar os residuos a Sogama.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.