“O persoal das escolas deportivas da Coruña, en folga” – Antón Luaces

10 Xaneiro 2026

A práctica totalidade do persoal das escolas deportivas municipais da Coruña secundaron as dúas primeiras convocatorias (das catro acordadas para reclamar a percepción dos seus salarios e que os novos pregos de condicións recollan melloras nas súas condicións económicas e laborai) fixadas para o xoves e o venres pasados. Teñen pendentes de cobro a nómina de decembro de 2025 e a paga extraordinaria de Nadal do mesmo ano, e reivindican que as súas condicións de traballo -a renegociar- contemplen melloras substanciais tanto no que atinxe ao retributivo coma ao laboral.

Reclama este persoal das escolas deportivas municipais da Coruña o cobro inmediato dos salarios non percibidos e as melloras citadas, apoiados por numerosas persoas usuarias cotiáns dos centros afectados pola folga que ten fixadas tamén as datas do 12 e o 13 de xaneiro coa concentración a media mañá deses días diante do Pazo Municipal (Praza de María Pita) dos traballadores, apoiados polos cidadáns.

Os paros son consecuencia da decisión do goberno municipal de lle retirar a prestación do servizo a Serviplus para que a empresa pública municipal Emvsa sexa a encargada de xestionar as instalacións da rede de escolas deportivas do concello coruñés. 

A previsión de que Emvsa -que xestiona xa outras entidades municipais- se faga cargo durante un prazo máximo de seis meses das citadas escolas ten que ver coa licitación do servizo a facer por parte do concello mediante un novo contrato e que asuma o pagamento dos salarios non aboados e se materialice a subrogación do devandito contrato.  Pasos estes que non poñen remate á incerteza existente nos traballadores diante do troco previsto, polo descoñecemento que teñen das condicións no que o mesmo se vai levar a cabo e cando este se vai producir. 

Os traballadores están decididos a manter as súas demandas, mesmo levando a cabo as mobilizacións necesarias.

Outros artigos

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

+

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.