De que falarán?. Luís Celeiro

09 Xaneiro 2026

Non se entende nada. En nome da transparencia non din nada, entrementres teñen ao mundo á
expectativa. E, eles, os actores principais, interpretan o que aconteceu e acontece, o falado e o que
se fala, á súa conveniencia. Fixeron o guión, ensaiaron mil veces, actuaron, mataron e eses supostos
delincuentes e marcharon correndo co reo, co suposto autor do delito. Fóronse presumindo de
valentes, como se fosen insensatos contratados para torpedear a harmonía dos pobos.
Todos saben ou deberían saber que o respecto é o piar no que se sustenta a convivencia, o berce
apropiado para acochar e para que medre en liberdade o talento. Todos vostedes, amigas e amigos
lectores, saben que é conveniente falar e entenderse, para respectar aos interlocutores, aos que
falan e aos que escoitan.
En política e na gobernanza, os valores de respecto e convivencia teñen que ser considerados como
fundamentais. Quen careza destes valores debe marchar para súa casa ou, se non a ten, marchar
para onde poida; respectar a mirada, a fame e a gloria da cidadanía, da xente do seu país e,
naturalmente, de calquera outro, por grande ou pequeno que sexa.
No mundo de hoxe, pensa a xente (e ben pensado) que hai formación, información, cultura e
capacidade para responder ás agresións, capacidade para falar, dialogar e andar polo mesmo
camiño, no mesmo sentido ou no contrario. Iso pensa a xente normal, pero os tiranos, eses que
exercen o poder “gobernando de maneira absoluta, inxusta e mesmo cruel”, queren impoñer a súa
vontade e atropelar os dereitos, o corpo e a alma de tódolos outros.
O pobo debe levantarse contra os tiranos, contra todos eles, contra desa concentración sen límites
de poder, contra a propaganda e a represión, contra das políticas baseadas en instaurar e estender o
medo e o silencio. Os que calan (e máis aínda se mandan algo) deben saber que o seu silencio ante
as inxustizas é unha falta de respecto colectivo, unha desconsideración á historia, aos presentes
vivos e aos mortos de cadaquén.
Todo parece unha contradición ou varias contradicións xuntas. O que se ve nos medios é como unha
exhibición de insensatez de xente sen responsabilidade, sen formalidade e con pouco xuízo. Como
pregunta a Tía Manuela, “entre eles, de que falarán?”

Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.