Arousa Norte reinventa a súa estratexia turística apostando pola seguridade no destino

08 Maio 2020

A Mancomunidade de Municipios Arousa Norte reinventa a súa estratexia turística a través dunha nova reformulación de accións adaptadas a un novo contexto.

Esta semana os alcaldes de Arousa Norte aprobaron posta en marcha dun plan de traballo que está baseado na re-elaboración e desenvolvemento de accións innovadoras pensadas no turismo seguro e de proximidade . Neste plan contémplase a realización dun traballo coordinado coas Concellerías de Turismo dos catro concellos do Barbanza: Rianxo, Boiro, Ribeira, A Pobra do Caramiñal e Ribeira así como a creación de mesas sectoriais que contarán coa participación do empresariado turístico (hostalería, aloxamentos, axencias de viaxe e empresas de ocio) de Arousa Norte

“Situándonos nun escenario, a día de hoxe, descoñecido, é o momento de reinventar e adaptar as accións a un novo mundo no que a tecnoloxía e a vida en pequeno formato son as protagonistas. Apostamos nesta estratexia polo turismo sostible e de proximidade, así como pola unión do sector para atopar solucións integrais” sinala Irene Maneiro xerente de Arousa-Norte.

Desde Arousa Norte, non se detallan polo momento as accións a desenvolver, pero adiantan a garantía de apostar pola seguridade no destino, a posta en valor dos recursos patrimoniais, culturais e gastronómicos do territorio así como o apoio e suma á marca “Galicia destino seguro” promovida por Turismo Galicia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.