“Conservadores e progresistas” – José Manuel Pena

09 Xaneiro 2026

Sen ningunha dúbida os anos ofrecen moito experiencia sobre a vida. Algúns continuamos aprendendo e avanzando intelectualmente, outros se estancan e agárranse aos vellos preceptos e costumes. Así nos atopamos co que está a pasar política e socialmente nalgúns países occidentais, xente que se mimetiza cos seus gobernantes, cuanto máis conservadores, tradicionalistas e retrógrados mellor porque queren manter os seus privilexios con bos soldos, bens inmobles, investimentos financeiros ou elevados fondos de pensións para que nada cambie e outras persoas que buscan gobernantes progresistas e comprometidos cos máis desfavorecidos, vulnerables, invisibilizados, marxinais, explotados ou parias da sociedade para que tamén poidan vivir cun mínimo de dignidade.

As poderes públicos están obrigados a cumprir e desenvolver os diferentes articulados do texto constitucional e das demais leis ou regulamentos que se aproban nos diferentes parlamentos democráticos. A maioría de toda esta lexislación tendente a garantir e mellorar os dereitos adquiridos grazas ás loitas multitudinarias e ás demandas de miles e miles de traballadores e cidadáns ao longo de séculos.

Cando ao goberno chega, por determinadas circunstancias, algún que outro tolo, ególatra ou fascista, os cidadáns temos que alzar a voz pola contra pode suceder o que xa ocorreu con outros exemplos históricos relativamente recentes, en Europa, como os imperialistas e antidemocráticos, Napoleón ou Hitler.

Outros artigos

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

Cuenta Eduardo Infante en su libro Filosofía en la calle que, mientras explicaba un díala metafísica de Aristóteles en el instituto, advirtió que los alumnos tomaban notas ensus cuadernos. Pero al fondo de la clase estaba una chica sentada junto a una ventanaque no...

+

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión