A Comitiva Real parte en Muros dende Laxeiras ás 17.30 horas (até o Curro da Praza)

05 Xaneiro 2026

A AC Fouleada e o Concello de Muros compartiron o programa de actividades que se vai desenvolver este luns 5 de xaneiro no concello muradá para recibir e acompañar ás Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente.

Pola mañá, a comitiva do Carteiro Real percorrerá por última vez a vila para recoller as cartas aínda pendentes.

As 12h, o Carteiro Real recibirá a todas as crianzas e maiores que queiran entregar as súas cartas, no Cine París.

A partir das 15:00h, todas aquelas persoas que queiran acompañar aos Reis Magos, formando parte da súa “espectacular Cabalgata”, poden achegarse á Escola de San Xosé.

As 17.30h, partirá a espectacular comitiva real desde Laxeiras ata o Curro da Praza.

Estará habilitada unha zona silenciosa para persoas neurodiverxentes. “Para aquelas persoas con necesidades sensoriais, ou que prefiran desfrutar do desfile sen ruído, habilitarase un treito sen música, que irá desde o IES Fontexería ata a rotonda da Tremenda”, informaron dende a asociación e o Concello, recomendando ás familias que se sitúen no entorno do Colexio Ramón de Artaza ou na zona de enfronte, no cruce que baixa para o Cachón.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.