
Durante un minuto e 16 segundos no solpor do día 12 de agosto deste ano 2026, A Coruña permanecerá na máis absoluta escuridade por un evento atmosférico inédito: unha eclipse de sol total que se poderá ver desde a península por primeira vez nun século.
A expectación é máxima xa que logo España é o país no que mellor se poderá observar a fase de totalidade: cruzará zonas despoboadas de Groenlandia, parte de Islandia e unha pequena franxa de Portugal. A Coruña será o primeiro lugar de España en escurecerse. Após este fenómeno continuará por Lugo -onde a totalidade durará 1 minuto e 24 segundos- e seguirá ate Baleares. O resto de capitais galegas non acadarán a escuridade total.
A eclipse solar é un fenómeno astronómico que se produce cando a Lúa oculta total ou parcialmente o Sol visto desde a Terra. Así é como o Instituto Xeofísico Nacional define un evento que xa está a causar expectación, malia que faltan máis de oito meses para que se produza. De feito, en agosto de 2025 foi creada unha comisión interministerial coa participación das comunidades autónomas, co obxectivo de se anticipar ás consecuencias turísticas , tanto directas como indirectas, do fenómeno: desde grandes colapsos de tráfico ata o aumento do risco de incendios. Os desprazamentos a zonas rurais despoboadas, con menos contaminación luminosa poden propiciar que se desaten en masa.
A eclipse comezará ás 17:34 horas (hora peninsular) no Mar de Bering e rematará ás 21:58 horas no Océano Atlántico, algo menos de catro horas e media.
En España, A Coruña será o primeiro punto da península Ibérica onde se poderá contemplar o fenómeno, que se iniciará ás 19:31 horas e rematará ás 21:22. En total, 72 segundos.
Con esta, hai outras dúas datas máis de aquí a 2028: o 2 de agosto de 2027 (eclipse total, visible dende España e que será parcial en Galicia); o 26 de xaneiro de 2028, eclipse anular (con Galicia á marxe do fenómeno).
Haberá, xa que logo, que aproveitar para observalos, porque non se poderá ver outra eclipse solar total desde España ata o ano 2053.



