O 13 de xaneiro comezan en Muros as actividades do Programa de Promoción de Saúde

11 Xaneiro 2026

O Concello de Muros forma parte da Rede Galega de Promoción da Saúde (REGAPS) co obxectivo de fomentar os hábitos de vida saudábeis na veciñanza en áreas como a actividade física, a alimentación beneficiosa para o organismo e o benestar emocional.

O próximo martes 13 de xaneiro comezan as actividades do programa, cunha sesión informativa sobre recomendacións de actividade física para persoas maiores:

-Ás 09:30 horas, na Casa da Sociedade de Esteiro.

-Ás 11:15 horas no Local de Servizos Sociais de Muros.

No marco desta actividade, todos os martes das semanas posteriores promoveranse paseos saudables de 1 hora de duración polas contornas de Esteiro (de 09:30 a 10:30 horas) e Muros (de 11:15 a 12:15 horas).

“A nosa veciñanza poderá realizar actividades físicas e asistir a sesións formativas sobre alimentación saudable, hixiene do sono e benestar emocional, entre outras temáticas”, explicou a alcaldesa de Muros, María Lago.

O concelleiro de Servizos Sociais, Mario Martínez Lago, mostrou a súa confianza “na consolidación desta iniciativa, fomentando en Muros os hábitos de vida saudábeis”.

Para inscricións e máis información, as persoas interesadas deben poñerse en en contacto cos Servizos Sociais de Muros (rúa Rosalía de Castro, n.º 30); no teléfono 981 76 24 65 ou a través do enderezo electrónico servizos.sociais@muros.gal.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.