Última hora: A Xunta pide que toda Galicia pase á fase 1 este luns

06 Maio 2020

A proposta fíxose chegar esta tarde ao Ministerio de Sanidade e, posteriormente, os técnicos decidirán se lle dan ou non o visto e prace a unha demanda que insiste na desescalada por áreas sanitarias.

No documento que se remitiu ao Ministerio de Sanidade faise referencia, atendendo aos datos que esixe o Goberno central para a desescalada, á capacidade que ten Galicia tanto en camas de uci como hospitalarias. Segundo indicou o con conselleiro de sanidade, Vázquez Almuíña, na comunidade xa había máis de 9.000 camas no ano 2017, e coa chegada da pandemia, esa capacidade incrementouse coa habilitación de hospitais de campaña na Coruña e en Santiago. Aínda que esas instalacións non chegaron a utilizarse, o conselleiro subliñou que poderían poñerse en marcha en calquera momento. Con ese argumento tratará de convencer ao Ministerio de que Galicia está preparada para pasar á fase 1 o luns 11.

Outros artigos

“¿Me gusta Patti Smith?”. Mario Clavell

Cantó en la entrega del Princesa de Asturias un fragmento de Wing, a sus 79 años, desmelenada según costumbre, áspera y afinada melódicamente. Escuché por you tube algunas de sus canciones espectáculo en auditorios petados con megafonía alta ante público entregado,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.