O BNG impulsa a campaña “Mellor local, mellor galego” para fomentar o comercio de proximidade

23 Decembro 2025

O Bloque Nacionalista Galego vén de presentar a campaña “Mellor local, mellor galego”, unha iniciativa coa que pretende animar á cidadanía a mercar nas tendas de proximidade, consideradas unha peza clave para manter vivas as vilas e fortalecer a economía local en Galiza.

A campaña, xa coñecida entre os comerciantes nestas datas sinaladas —coincidentes co período de maior consumo do ano—, busca facer fronte ao modelo das macroempresas que concentran os beneficios mentres debilitan o tecido económico e social. Fronte a esta realidade, o BNG aposta por un novo modelo comercial para Galiza, afastado do impulsado polo Partido Popular, que —segundo denuncia a formación— favorece ás grandes superficies en detrimento do sector primario, da industria de transformación e do comercio de proximidade.

“Cada compra no comercio local é unha aposta polo futuro de Galiza, pola sustentabilidade e por un modelo económico máis xusto e equilibrado”, sinalou o responsable comarcal do BNG, Francisco Rei, quen confía en que esta campaña contribúa a tomar conciencia da necesidade de contar cun tecido comercial forte que encha de vida as vilas e barrios.

Rei advertiu tamén da importancia de apostar polo consumo de produtos de proximidade como ferramenta para xerar emprego, dinamizar a vida social e económica e garantir que a riqueza producida no país quede en Galiza.

Baixo o lema “Aposta polo noso, sairás gañando”, a campaña incide na calidade dos produtos e produtores locais e galegos, promove alternativas ecolóxicas e reclama a posta en marcha de axudas que permitan implantar e mellorar establecementos dedicados á comercialización de produtos autóctonos.

Desde o BNG subliñan que o comercio local “non é o pasado, é o presente e o futuro do noso país”, e defenden que apostar polo comercio de proximidade é apostar por Galiza.

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.