A Xunta acondiciona e limpa o río Sanchanás en Ribeira

06 Maio 2020

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, está a desenvolver estes días unha serie de traballos de acondicionamento, conservación e limpeza no treito interurbano do río Sanchanás (tamén coñecido como río Artes) ao seu paso polo concello de Ribeira. Os traballos lévanse a a cabo nun tramo de 4 quilómetros de lonxitude entre os lugares das Barcias e A Ponte, nas parroquias de Oleiros e Artes.

Segundo informa a Xunta, as principais tarefas consisten na retirada de árbores caídas e madeira morta na canle. Estas accións enmárcanse no programa de mantemento, conservación e mellora que realiza Augas de Galicia no dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa, no ámbito territorial da zona Galicia-Centro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.