Este é un tempo de luces, foguetes, agasallos de todo tipo, e moitos de produtos innecesarios. É
tempo de nadal, unha boa ocasión para abandonar un ano, de discrepancias e desilusións, e entrar
en 2026 coa esperanza de que sexa venturoso. Serao, seguramente! Será como na feira, “cando un
perde outro gaña”. E, quen gañará? Outra vez, os mesmos, os de sempre, os preocupados polo ben
do seu embigo, os que loitan e falan para que os outros calen, anden e traballen.
Luminarias, anuncios e consumismo, para que o pobo teña liberdade e poida comprar, gastar e
encher as arcas dos poderosos, dos ricos e de moitos mentireiros. Aquí festa de noiteboa, de nadal,
de fin de ano, de San Silvestre, San Manuel, ano novo ou reis. Uns poñen beléns en cada cuarto, na
entrada da casa ou na praza do pobo; outros acenden luminarias extraordinarias e pintan árbores de
considerables dimensións. Todo vai “manga por ombro”, xerando controversia, estirando a polémica
e dividindo á poboación entre bos e malos.
Os prezos dos comestibles increméntanse nestas datas, aumentan como aumenta o frío e o prezo da
enerxía, pero convén abrigarse e protexerse das inclemencias, aquí e alí, onde queira que sexa.
Moverse, ir e vir e ver e volver, son obxectivos principais para que a cidadanía poida contar con
satisfacción o éxito das súas inversións festivas, esquecendo que a mellor inversións é a que se fai en
saúde. Aí está o desexo da Tía Manuela: “Saúde, felices festas e venturoso aninovo, amigos
lectores”.
As festas, as luces, os nacementos, as árbores decorativas e os movementos sociais teñen ideoloxía.
Nalgúns casos tamén teñen arte e representan actividades e formas de traballar e vivir dos pasados,
daqueles que laboreaban coas súas mans, coas súas costumes e cos seus medios rudimentarios.
Hai nacementos que son obras de arte, de artistas prestixiosos. Están instalados no maxín do
veciñanza e recordan o que foi o noso pasado, a nosa xente e a vida do noso pobo, coas casas de
pedra e os oficios tradicionais abrindo camiños. O Belén de Begonte (Lugo) e o de Baltar en Ourense,
son dous magníficos exemplos, con figuras, escenas e paisaxes que xuntan a tradición e a
creatividade popular, en conxuntos artísticos dignos de mirar e admirar.
Xoves 24, persistencia do aire cálido con brétemas costeiras no litoral atlántico
Galicia continuará este xoves 24, Nosa Señora da Mercede, baixo a influencia dunha masa de aire cálido combinada con ventos de orixe marítimo, unha configuración que achegará niveis moi elevados de humidade á metade oeste da comunidade. O fenómeno máis destacado da...



