Toxo Telecom agasalla 10 GB aos seus clientes este mes de maio

06 Maio 2020

Toxo Telecom, a operadora de telecomunicacións con sede en Ribeira, segue a poñer en marcha iniciativas que boten unha man á xente en tempos de COVID-19 e, tamén de desescalada. Segundo fixo saber a empresa estes días pasados, no mes de maio será ben difícil para os seus clientes quedarse sen datos (tan vitais para teletraballar, teleformarse, manter unha comunicación completa con amigos e familiares e garantir contidos de lecer durante o que resta de confinamento). O motivo? O lanzamento dunha oferta que lles achega 10 GB extra sen ningún tipo de custe.

A iniciativa, extensíbel a todo o mes de maio, está xa a disposición de todos os clientes, que poden obter máis información a través da web de Toxo Telecom e do teléfono móbil 602 247 247.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.