A Comisión Diocesana do Ano Santo 2027 avanza na súa preparación e incorpora á Arquiconfraría do Apóstolo

19 Decembro 2025

A Arquidiocese de Santiago de Compostela segue avanzando na preparación do Ano Santo Xacobeo de 2027. Tras a constitución oficial da Comisión Diocesana o pasado 28 de novembro, o órgano promovido polo Arcebispado celebrou esta mañá unha segunda reunión de seguimento destinada a afianzar o traballo xa iniciado e a definir novas liñas de actuación de cara á gran cita xubilar. O encontro estivo marcado, ademais, por unha relevante novidade: a incorporación á comisión dunha persoa procedente da Arquiconfraría do Apóstolo.

A sesión, celebrada de novo na sede do arcebispado compostelán, estivo presidida por monseñor Francisco José Prieto Fernández, quen animou aos membros do equipo a manter un proceso de preparación constante, coordinado e profundamente enraizado na vida pastoral da diocese.

Durante este segundo encontro, os integrantes da Comisión Diocesana fixeron balance dos primeiros pasos dados desde a súa constitución e comezaron a perfilar o calendario de traballo para os próximos meses, co obxectivo de chegar ao Ano Santo cunha sólida preparación e duradeira.

A principal novidade foi a incorporación de María José Dopico Calvo, secretaria da Arquiconfraría do Apóstolo, que pasa a formar parte da Comisión Diocesana, reforzando así a presenza do laicado e o vínculo cunha das institucións históricas máis estreitamente ligadas á tradición xacobea.

Durante a reunión, salientouse a importancia de traballar nunha visión de conxunto, que permita coordinar esforzos e evitar iniciativas illadas. O Ano Santo de 2027, lembraron os asistentes, sitúase ademais no contexto do terceiro milenio do cristianismo, o que o converte nunha oportunidade privilexiada para renovar a fe, fortalecer a comuñón eclesial e ofrecer ao mundo un testemuño crible de esperanza.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Y la nave va” – Tonio Nóvoa

“Y la nave va” – Tonio Nóvoa

VIERNES. Vengo de una niña escapada de la escuela en la mañana de un viernes cualquiera. De una niña con un cartel de cartón. Vengo de una frase pequeña: “los adultos están jodiendo esto.” Nadie imaginó que esa calma terca cruzaría un océano agitando las olas, que una...