6 maio: A COVID-19 retrocede en Galicia e rexistra un total de 2.808 casos activos por coronavirus e 6.802 pacientes xa curados

06 Maio 2020

O coronavirus retrocede en Galicia, pero esta tendencia á baixa non se traslada da mesma forma a todas as áreas sanitarias. E é que a comunidade, que por primeira vez en máis dun mes sitúase por baixo da barreira dos 3.000 contaxiados (son un total de 2.808 segundo os datos divulgados pola Xunta este mércores), mentres A Coruña deixa de ser a área sanitaria máis afectada.

Do total de pacientes positivos, 30 permanecen en UCI, 206 están en unidades de hospitalización e 2.572 no domicilio. Por agora, en Galicia hai un total de 6.802 persoas curadas, rexistrándose 582 falecementos. O número de PCR realizadas é de 107.957.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 2.808, deles 658 son da área da Coruña, 166 da de Lugo, 462 da de Ourense, 160 da de Pontevedra, 781 da área de Vigo, 455 da de Santiago, e 126 da de Ferrol.

E é que agora conta cun total de 658 contaxiados, unha cifra inferior á rexistrada na área de Vigo que, con 781 positivos por Covid-19 confirmados mediante PCR, convértese no principal foco do coronavirus en Galicia. Ourense, con 462 casos, é a terceira área máis afectado polo coronavirus, seguido de Santiago (455), Lugo (166), Pontevedra (160) e Ferrol (126).

Este retroceso e cambio de tendencia na evolución do coronavirus dá máis aire ás unidades de coidados intensivos (UCI) dos hospitais galegos, que agora contan cun total de 30 pacientes ingresados, case unha sexta parte dos que se chegaron a rexistrar durante o pico da pandemia. Outras 206 persoas atópanse hospitalizadas, mentres 2.572 permanecen nos seus domicilios.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...