Padrón recibirá ás Súas Maxestades de Oriente nunha cabalgata cargada de tradición e ilusión

19 Decembro 2025

O Concello de Padrón prepárase para vivir unha das tardes máis agardadas do ano. O vindeiro luns, 5 de xaneiro de 2026, As Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente percorrerán as rúas da vila nunha celebración que conxuga o fervor das tradicións locais coa alegría do público infantil.

A comitiva real iniciará a súa andaina ás 17.00 horas na avenida de Compostela, para seguir por As Lágrimas e o paseo do Espolón. Un dos momentos máis singulares e emotivos terá lugar na Igrexa de Santiago, onde os Reis realizarán a tradicional ofrenda ante un Belén vivente integrado por María, Xosé, o Neno e os pastorciños, unha das imaxes máis representativas do Nadal padronés.

Tras o paso polo templo, a Corporación Municipal recibirá oficialmente ás Súas Maxestades na Casa do Concello. O broche de ouro da xornada poñerase no polideportivo do Souto, onde Melchor, Gaspar e Baltasar escoitarán as peticións de última hora dos nenos e nenas e faranlles entrega dun agasallo.

Reparto de vales

Para dinamizar a espera, o Campo do Souto contará co habitual carrusel de cabaliños Hernáiz. A atracción funcionará de balde o propio día 5 de 17.00 a 20.00 horas.

O reparto de tíckets para esta actividade comeza este mesmo luns, 22 de decembro. As familias interesadas poderán recoller os seus vales (máximo 3 viaxes por neno/a) no Centro Social ata o 2 de xaneiro, en horario habitual e ata esgotar existencias.

Dende a Concellería de Festexos convídase a toda a veciñanza e visitantes a “participar nunha xornada segura, familiar e chea de maxia que pon o peche perfecto ás festas de Nadal”.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.