CONGALSA, empresa da Pobra do Caramiñal especializada en solucións de alimentación, emitiu un comunicado no que lamenta o seu profundo pesar polo falecemento dun membro do seu persoal por causas naturais, ocorrido na madrugada deste xoves 18 de decembro, mentres desenvolvía o seu traballo durante a quenda de noite nas súas instalacións do Polígono da Tomada.
A compañía púxose en contacto coa familia para trasladarlle as súas máis sinceras condolencias ante este tráxico suceso, que se produce ás portas do Nadal.
En sinal de respecto e duelo, CONGALSA decidiu cancelar a súa tradicional Cea do Nadal, prevista para este venres 19 de decembro a partir das 21.00 horas no Pavillón Torres Colomer de Ribeira.
CONGALSA quere expresar publicamente o seu pesar por esta perda e acompañar á familia, compañeiros e achegados do traballador nestes momentos de dor.




