O Concello de Dodro celebrará o Nadal con divertidos espectáculos para a rapazada

18 Decembro 2025

O Concello de Dodro vestiuse de Nadal e conseguiu que este ano fose o máis iluminado en todas as parroquias. Ademais, a axenda vén con distintos eventos e actuacións, ao que se suma a entrega do Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón.

O día 19 celébrase o obradoiro de contos con papel Kamishibai de Nadal, da man de Juan Juste, que é o único artista en Galicia no teatro de papel. Será na Casa da Cultura de Dodro as cinco e media da tarde.

O día 23 o Concello anticipará a Noiteboa cunha Algueirada de Nadal. Xurxo ten un problema moi especial , non sabe bailar así que entre todos teremos que ensinarlle e bailar con el. Unha proposta chea de humor e diversión, na que se mesturan bailes e acrobacias e que vai destinada ao público familiar. A cita no Pavillón Polideportivo ás cinco e media da tarde.

Para rematar o ano a rapazada de Dodro viaxará a Laponia con Teatro Calavera. Leila e Laila, dúas Elfas da Laponia que veñen a facer para toda a veciñanza unha gran Festa de Nadal, con música xogos e bailes para toda a familia. Un espectáculo cheo de humor, música, xogos e contos de Nadal que desfrutaremos o día 30 no pavillón de deportes as cinco e media da tarde.

O 5 de xaneiro celebrarase a recepción oficial dos Reis Magos, ás 17.30 horas no Pavillón de Deportes.

Outros artigos

Rianxo e A Estrada xa son oficialmente concellos irmáns

Este luns 19 de outubro formalizouse finalmente a sinatura do protocolo de irmandamento entre os concellos da Estrada e Rianxo, historicamente unidos polas figuras de Virxinia Pereira Renda (A Estrada) e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo). A fraternidade...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.