Ferido grave Cándido Castro “Canucho” nun atropelo en Oleiros. Ampliación

16 Decembro 2025

Cándido Castro Sobrido, coñecido como Canucho, duns 80 anos e presidente de honra do Atlético Oleiros de fútbol, resultou ferido de gravidade nun atropelo ocorrido na tarde deste martes na parroquia ribeirense de Oleiros.

Dotacións dos Bombeiros de Ribeira e da Agrupación de Voluntarios e do Servizo Municipal de Protección Civil de Ribeira, xunto con efectivos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e da Policía Local de Ribeira, interviron nun accidente de tráfico con persoas feridas na estrada AC-550, ao seu paso por Oleiros, no termo municipal de Ribeira.

Accidente na AC-550 en Oleiros. Bombeiros Ribeira

O accidente produciuse pouco antes das 20 horas, cando o veciño cruzaba a estrada comarcal AC-550 por un paso de peóns situado nas inmediacións do centro de Amicos, no lugar de Gándara. Por causas que se investigan, un turismo Ford Mondeo, conducido por unha muller de mediana idade, arroiouno a pesar de que a condutora tentou frear, sen poder evitar o impacto. Como consecuencia do atropelo, a vítima saíu despedida máis de 15 metros.

Canucho presentaba un forte traumatismo cranial e diversas policontusiones, especialmente nun costado. Un particular alertou do sucedido ao 122 Galicia ás 19.43 horas, mobilizándose de inmediato os servizos de emerxencia.

Ata o lugar desprazáronse efectivos de Urxencias Sanitarias de Galicia cunha ambulancia do 061 e o equipo médico do Punto de Atención Continuada (PAC) do centro de saúde de Ribeira, cuxos profesionais prestaron unha primeira asistencia ao ferido, inmobilizárono e procederon ao seu traslado urxente ao Hospital do Barbanza.

Tamén acudiron dotacións do Grupo de Atención ás Emerxencias Municipal (GAEM) e dos Bombeiros do parque comarcal de Ribeira, que colaboraron na atención e mobilización da vítima. Dúas patrullas da Policía Local regularon o tráfico na zona, desviando a circulación por vías alternativas, mentres que a Garda Civil de Tráfico do destacamento de Santiago de Compostela fíxose cargo da instrución do atestado.

Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.