A Escola de Música de Rois dexésalle felices festas á veciñanza no Concerto de Nadal

15 Decembro 2025

O auditorio municipal de Rois volveu encherse este domingo 14 de decembro para asistir ao Concerto de Nadal co que a Escola Municipal de Música de Rois (ESMU) lle desexa unhas felices festas a toda a veciñanza. A concelleira de Cultura, Victoria Quiroga, e o de Medio Ambiente, Manuel Cobas, felicitaron ao alumnado ao rematar unha actuación na que non faltaron as panxoliñas.

Victoria Quiroga e Manuel Cobas fixéronse unha foto de familia co alumnado e profesorado da ESMU de Rois

O Concerto comezou coa cativada de Música e movemento que interpretou o tradicional Mi burrito sabanero. O Coro Infantil tomou despois o relevo para cantar El reno Rodolfo e Este pandeiro, rematando a súa actuación todas caracterizadas para interpretar o coñecido Oh Happy Day.

Orquestra de Cordas da ESMU

O director da ESMU, Manuel Villar, presentou despois a Agrupación viaxeira da escola, formada polo mozos e mozas que participa nos intercambios internacionais que promove o Concello de Rois para ampliar a formación do alumnado. Para esta actuación elixiron Cando caia o sol e Noite de paz, que tamén foron moi aplaudidas polo público.

Agrupación viaxeira da. ESMU de Rois, que participa nos intercambios

A Orquestra de cordas da ESMU foi a encargada de pechar este concerto de Nadal, tocando Can’t help falling in love with you, Star Wars e a panxoliña tradicional galega Nadal de Luintra.

Ao rematar, todas as persoas que participaron no concerto fixéronse unha foto de familia con Victoria Quiroga e Manuel Cobas.

O Coro Infantil, caracterizado par cantar Oh Happy Day

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.