O Concello de Ribeira despedirá o ano cunha San Silvestre

15 Decembro 2025

Pouco antes de tomar as doce uvas, os ribeirenses teñen unha cita deportiva con fin benéfico. Por segundo ano consecutivo, o municipio despedirá o ano nunha San Silvestre organizada pola Escola de Boxeo El Canario e o Club Natación Ribeira coa colaboración do Concello. E non faltará a compoñente solidaria cos donativos a favor da nena Daniela Otero, diagnosticada cunha enfermidade rara.

Este evento celebrarase no mércores, 31 de decembro, a partir das 16.00 horas, na pista de atletismo da Fieiteira. Como explicou o concelleiro de Deportes, Álex Vidal, é “un evento non competitivo que sirve para despedir o ano”.

Avanzou, ademais, que xa se está traballando en novas ideas no ámbito deportivo cara o 2026. A dita carreira está destinada a tódalas idades, “para pasalo ben en familia, para correr todos xuntos” como apuntou Clara Millares, en representación da Escuela de Boxeo El Canario.

Por iso haberá, as distancias de 100, 500, 2000 e 5000 metros lisos.

Unha vez completado o percorrido, tampouco faltará o chocolate con biscoito e rosca e sorteo de agasallos doados por empresas locais.

A inscrición pódese formalizar no propio día e lugar do evento, ás 15.30 horas, ou por vía telemática ata o 28 de decembro con nome e distancia a realizar a través do Whatsapp dos números 620 701 151 ou 652 234 902.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

O Culturgal Expandido recala esta semana en Muros

A edición 2026 do Culturgal Expandido chega esta fin de semana ao Mercado Municipal de Muros cunha programación gratuíta e para todas as idades. Na presentación do programa participaron Natividad Gonzalez, deputada de Cultura da Deputación da Coruña; María Lago,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.