Rianxo organiza dous cursos tecnolóxicos de balde para familias, mocidade e persoal educador

15 Decembro 2025

O Concello de Rianxo vai organizar este Nadal dous cursos formativos de balde para familias, mocidade e persoal educador. Un deles porá o foco en como garantir usos creativos, responsábeis e seguros dos videoxogos, e o outro fará fincapé en como evitar perigos nas nosas navegacións e acadar unha relación saudábel coas novas ferramentas.

O curso O bo uso dos videoxogos desenvolverase os días 22, 23 e 26 de decembro de 10:00 12:30 horas.

O curso Benestar e prevención de riscos dixitais levarase a cabo os días 29 e 30 de decembro e 2 de xaneiro de 10:00 a 12:30 horas.

As persoas que completen as accións formativas recibirán un certificado oficial.

As inscricións poden facerse en liña.

Obxectivos concretos dos cursos

Fomentar un uso responsable e equilibrado dos videoxogos.

Recoñecer sinais de uso excesivo ou problemático e aplicar medidas de prevención.

Coñecer os riscos dixitais máis comúns (ciberacoso, grooming, estafas en liña, exposición a contidos inapropiados, etc.).

Promover hábitos de benestar dixital, tanto no eido familiar como no educativo.

Aprender a configurar os controles parentais, os sistemas de privacidade e pautas de seguimento.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.