A Xunta apoia a VIII Exaltación do Berberecho de Noia, emblema gastronómico e motor económico da ría

14 Decembro 2025

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, participou este domingo na VIII edición das Xornadas de Exaltación do Berberecho de Noia, unha iniciativa organizada pola confraría de pescadores San Bartolomé que pon en valor un dos produtos máis recoñecidos da ría e un piar fundamental para a economía local.

O evento converteuse nun auténtico escaparate deste molusco, apreciado pola súa calidade excepcional, o seu tamaño e o seu sabor singular, resultado dunhas condicións naturais únicas e dunha xestión sostible do banco marisqueiro. A cita reuniu a profesionais do mar, restauradores, produtores e visitantes arredor dun produto que representa a identidade mariñeira da comarca.

Durante a súa intervención, Villaverde felicitou aos promotores das xornadas, ás que definiu como “unha oportunidade única para poñer en valor o traballo dos mariscadores, reforzar a identidade desta comarca e visibilizar toda a actividade económica vinculada ao mar”.

Así mesmo, destacou o carácter solidario do evento, xa que os fondos recadados destinaranse a entidades sen ánimo de lucro como Cáritas e Cruz Vermella.

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.