A A. C. Altofalante concede o Altofalante do Ano 2025, a título póstumo, a Xosé Antón Parada Fernández

13 Decembro 2025

A Asociación Cultural Altofalante outorgou o premio Altofalante do Ano 2025, a título póstumo, a Xosé Antón Parada Fernández, nun acto celebrado a poucas semanas de concluír o ano e que serviu tamén para pechar unha etapa de reactivación da entidade tras varios anos sen poder facer entrega deste recoñecemento.

Durante o acto, Silvia Varela, tesoureira da A. C. Altofalante, aproveitou a ocasión para conmemorar o 20 aniversario da asociación, creada no verán de 2005 cun claro compromiso coa normalización da lingua galega, a cultura e a memoria histórica, situando sempre Galiza no centro das súas accións. Varela destacou o significado do premio, que recoñece o traballo daquelas persoas que durante anos foron a voz das problemáticas de Ribeira e do país.

Pola súa banda, Cruz Rivadulla, concelleira do BNG en Ribeira, salientou o labor incansable de Xosé Antón Parada na defensa do galego e na promoción da cultura galega, facendo especial fincapé na súa última achega intelectual, a tradución do Código de Hammurabi. Un traballo que, segundo sinalou, amosa a súa firme convicción de que a través do galego tamén se pode acceder ao coñecemento universal. A edil quixo tamén destacar a súa profunda vocación polo ensino e o vínculo co seu alumnado do IES da Pobra do Caramiñal.

O voceiro do BNG en Ribeira, Luís Pérez, puxo en valor dúas cualidades fundamentais da figura homenaxeada: a súa sabedoría e a súa bondade. Segundo afirmou, Xosé Antón entendía o coñecemento como unha ferramenta para transformar o mundo e mellorar as condicións de vida da xente, así como a política como unha vía para trasladar as inquedanzas da cidadanía ás institucións. Pérez destacou tamén o seu firme compromiso coa mocidade, a renovación de ideas e o seu traballo constante a prol de Ribeira, Moaña, o seu alumnado e Galiza, concluíndo que o mellor tributo é continuar defendendo as causas polas que el loitou.

O acto foi pechado por David Casais, presidente da A. C. Altofalante, quen fixo entrega do galardón Altofalante do Ano e dun ramo de flores, recollidos polo fillo de Xosé Antón Parada e pola súa compañeira de vida. Casais anunciou tamén o seu nomeamento como membro de honra da entidade e subliñou unha traxectoria vital marcada polo compromiso político e social dende a adolescencia, participando activamente en organizacións como a UPG, ERGA, BNG, CIG ou a propia A. C. Altofalante.

Durante o acto lembráronse tamén palabras pronunciadas por Xosé Antón Parada no seu último pleno na corporación municipal de Ribeira: “Non pensen que van acabar co nacionalismo, porque algún día Galiza será ceibe”, unha frase que resume o espírito e a loita dunha figura clave do nacionalismo galego contemporáneo.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

O Culturgal Expandido recala esta semana en Muros

A edición 2026 do Culturgal Expandido chega esta fin de semana ao Mercado Municipal de Muros cunha programación gratuíta e para todas as idades. Na presentación do programa participaron Natividad Gonzalez, deputada de Cultura da Deputación da Coruña; María Lago,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.