Galicia recuperará este sábado13, Santa Lucía, a influencia das altas presións, o que deixará unha xornada marcada pola estabilidade. Agárdanse néboas localmente persistentes no interior, mentres que no resto do territorio predominarán os ceos máis despexados, con maior presenza de nubes na metade norte, onde non se descarta algún orballo feble e ocasional.
As temperaturas mínimas experimentarán un lixeiro a moderado descenso, mentres que os valores máximos subirán de forma suave. Os ventos do nordés soprarán con intensidade moderada no litoral, máis frouxos no interior. (8 graos mínima e 18 máxima)-

O noso mar:Vento do nordés á mañá, do norte á tarde e variable á noite, forza 3 a 4 á mañá, 2 a 4 á tarde e 1 a 2 á noite. Marusía á mañá e á tarde e mar rizado á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 3.5 a 4.5 metros á mañá e 2.5 a 3.5 metros á tarde e á noite.



