“Od(i)osa”, a danza teatral que lembra a loita das mulleres da conserveira Odosa, chega á Pobra

12 Decembro 2025

A compañía Proxecto Morriña traerá á Pobra do Caramiñal a súa función de teatro-danza Od(i)osa. O espectáculo, no que se mestura a dramaturxia e o baile, busca promover e recuperar a memoria das mulleres galegas que lideraron, no ano 1989, a folga da extinta conserveira Odosa. Será este domingo, 14 de decembro, no Teatro do Cine Elma (ás 19.00 horas).

O obxectivo desta compañía feminina é recuperar este anaco da memoria galega mediante a súa arte. Nesta ocasión, A Pobra acollerá o seu último proxecto, co que poñen en valor a valente acción das case 100 traballadoras que loitaron polos seus dereitos laborais e contra a discriminación sistemática que levaban sufrindo desde había 40 anos na fábrica da illa de Arousa.

Od(i)osa contará cun apoio audiovisual real que permitirá reforzar a mensaxe  que as catro actrices transmitirán coa coreografía: dous audios do telexornal da época.

Esta actividade, da que se poderá gozar de balde, enmárcase na programación do Outono Cultural 2025, desenvolta pola área de Cultura da Deputación da Coruña coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.