Ribeira adía a función da Mostra de Teatro prevista para este venres por causas de forza maior

12 Decembro 2025

A Concellería de Cultura do Concello de Ribeira informou da suspensión da función prevista para este venres, 12 de decembro, no marco da Mostra de Teatro, que ía ter lugar no auditorio municipal ás 21:15 horas. A decisión adoptouse por causas de organización e forza maior.

A Concellería de Cultura do Concello de Ribeira informou da suspensión da función prevista para este venres, 12 de decembro, no marco da Mostra de Teatro, que ía ter lugar no auditorio municipal ás 21:15 horas. A decisión adoptouse por causas de organización e forza maior.

O espectáculo “Berenguela na Gaiola”, da compañía Galeatro, con texto de Manuel María e dirección de Paula Carballeira, queda adiado a unha nova data que se anunciará no primeiro trimestre de 2026. As persoas que desexen asistir poderán facelo empregando a mesma entrada ou bono da Mostra correspondente á función prevista para mañá.

Para aqueles espectadores que non desexen acudir na nova data, habilítase a posibilidade de solicitar a devolución do importe íntegro da entrada, incluídos os gastos de xestión, a través da plataforma Ataquilla.com, mediante correo electrónico desde a súa web ou aplicación.

Desde a Concellería de Cultura, transmítese o agradecemento pola comprensión e pídense desculpas polas molestias ocasionadas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.