O Concello de Boiro habilita unha antiga vivenda de mestres para destinala a emerxencia social co apoio da Deputación da Coruña

11 Decembro 2025

O Concello de Boiro vén de completar as obras de rehabilitación dunha das antigas vivendas dos mestres de Praia Xardín para destinala a uso de emerxencia social. A actuación realizouse con fondos municipais e contou co apoio da Deputación da Coruña, que financia o equipamento interior a través dos fondos do POS+Social.

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, visitou este 11 de decembro a vivenda acompañado do alcalde, José Ramón Romero, da deputada de Política Social, Mar García Vidal, e do concelleiro de Política Social, Raúl Treus, para coñecer o resultado final dos traballos.

Formoso definiu o eido social como “un dos piares básicos da Deputación. Levamos a cabo da mellor maneira posíbel todo aquilo que ten que ver coa protección social das persoas que están desfavorecidas social e economicamente nun momento determinado” e agradeceu que “o Concello de Boiro destine os fondos, precisamente, a dar cobertura a aqueles que máis o necesitan”.

O presidente provincial explicou que “neste caso investimos na rehabilitación dunha antiga casa dos mestres que estaba en desuso e que agora vai ter un uso social xa non só para Boiro, senón para toda a comarca” e reivindicou “as nosas políticas de apoio social, que nos permiten contratar máis de 300 profesionais ao ano para apoiar aos concellos na protección social, destinar 400.000 horas ao Servizo de Axuda no Fogar ou crear un novo modelo de residencias de maiores completamente distinto ao actual, van continuar intensificándose. Despois de investir un 178 % máis no orzamento en Protección Social queda claro que, sen dúbida, é a nosa prioridade”.

Pola súa banda, o alcalde, José Ramón Romero, sinalou que esta nova vivenda municipal responde a unha “necesidade que tiñamos en Boiro para casos moi concretos. É un lugar céntrico que nos vai permitir dar ese servizo social que tanto necesitabamos”. Romero agradeceu á Deputación “polo investimento, xa que unha parte foi sufragada grazas ao POS Social que é extraordinario”.

Este ano 2025, Boiro recibiu 2.080.019 euros do Plan Único, dos que 111.318 € corresponden ao POS Social.

O rexedor engadiu que a vivenda, unha construción en esquina con máis de cincuenta anos de antigüidade, “non cumpría as condicións básicas de habitabilidade e precisaba dunha intervención integral”. Trátase dunha casa unifamiliar de planta baixa, edificada en 1974 e cunha superficie de 104 metros cadrados distribuídos en salón-comedor, cociña con lavadoiro, corredor, baño e tres dormitorios.

As obras tiveron como obxectivo mellorar a eficiencia enerxética, a impermeabilidade e o confort interior, así como renovar carpinterías, pavimentos, instalacións de fontanería e saneamento e o acabado final no interior e exterior da vivenda. A intervención supuxo un investimento municipal de 74.189 euros.

Nunha segunda fase, a vivenda foi equipada con mobiliario e cociña completa grazas a unha achega de 17.600 euros procedentes do POS+ Social da Deputación da Coruña, “o que permite que o inmóbel estea xa preparado para o seu uso inmediato”, sinalaron.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...