A Consellería de Emprego concede a ampliación do Servizo de Orientación Laboral de Amicos

10 Decembro 2025

A área de Emprego e Formación da asociación inclusiva da nosa comarca Amicos continúa a medrar de maneira sostida no seu labor de apoio e acompañamento a persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social e laboral. Ao longo de 2025, o Servizo de Orientación Laboral que a entidade desenvolve en colaboración coa Xunta de Galicia prestou atención a máis de 500 persoas con discapacidade, realizando unha media de 1.977
intervencións nas provincias da Coruña e Pontevedra. Amicos explica que “estes datos manteñen a traxectoria ascendente dos últimos exercicios e tradúcense en máis de 110 insercións laborais conseguidas nos últimos meses”.

O obxectivo principal do servizo é mellorar a ocupabilidade das persoas en situación de desemprego, combinando accións formativas individualizadas, itinerarios personalizados de orientación e un intenso traballo de prospección e mediación co tecido empresarial.

En base a estes resultados, a Xunta de Galicia a través da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración renovou o Servizo de Orientación Laboral de Amicos para o período 2025/2026, o que permite estender o seu alcance e “reforzar a atención sociolaboral tanto na cidade da Coruña como na comarca do Salnés, ampliando así a cobertura da entidade na totalidade de ambas provincias”, engadiu Amicos.

A colaboración coas empresas segue a ser unha peza clave do servizo. Luisa Vidal, delegada da ETT Nexo en Ribeira, subliñou que “a colaboración con Amicos sempre é un acerto. Os seus profesionais teñen unha visión moi afinada das demandas actuais das empresas e iso reflíctese na calidade do seu labor”.

Pola súa banda, Keltoi Cameán, coordinador da área de Alianzas con Persoas e Empresas de Amicos, destacou que “esta última convocatoria supuxo a consolidación do servizo de orientación de Amicos. Agora comezamos unha nova etapa de crecemento dando soporte aos usuarios de Arousa e da Coruña para cubrir a totalidade das dúas provincias”.

Coa ampliación territorial, o reforzo dos servizos e o incremento do número de insercións, Amicos continúa avanzando no seu compromiso de crear oportunidades reais de participación laboral para as persoas con discapacidade.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...