Mar e AMTEGA achegan un sistema electrónico para a xestión das licenzas de pesca deportiva

09 Decembro 2025

A Consellería do Mar presentou ao sector da pesca recreativa as ferramentas tecnolóxicas de xestión de licenzas nunha xuntanza cos representantes das entidades vinculadas á pesca marítima de recreo dirixida tamén a analizar as novidades que introduce a normativa comunitaria e nacional e que afectan directamente ás persoas afeccionadas a esta actividade.

Durante a reunión, o director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Cándido Rial, explicou que a Unión Europea obriga a que todos os Estados membros dispoñan dun sistema electrónico de rexistro e comunicación das capturas da pesca recreativa, requisito que será de aplicación a partir do 10 de xaneiro de 2026.

Destacou tamén que Galicia xa conta cun sistema plenamente operativo para a xestión das licenzas, a través do portal e da aplicación móbil desenvolvidos pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA). Este sistema, explicou a Xunta, “permite rexistrar automaticamente as licenzas expedidas e renovadas tanto para persoas físicas como para embarcacións, convertendo a Galicia nunha das primeiras comunidades autónomas en dispoñer dun Rexistro de Pesca Recreativa plenamente actualizado”.

Así mesmo, recordouse que os datos das licenzas transmítense diariamente ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, en cumprimento dos criterios de interoperabilidade acordados entre administracións.

A partir de xaneiro de 2026, todas as persoas que practiquen pesca recreativa (e que terán que contar coa licenza correspondente) deberán declarar electronicamente as capturas realizadas, para o que o Ministerio porá a disposición unha nova aplicación móbil común para todas as comunidades autónomas. En paralelo, a Xunta adaptará o seu portal e aplicación actuais para facilitar unha experiencia máis sinxela para os usuarios, reducindo trámites e integrando toda a información necesaria nun único punto de acceso.

A Xunta lembrou que a tramitación das licenzas realízase a través do Sistema Integrado de Pesca Marítima de Recreo (SIPMAR), que permite obter ou renovar licenzas, solicitar autorizacións complementarias (mergullo, concursos ou campionatos), conservar a licenza no móbil a través da aplicaicón XuntaEU, e realizar todas as xestións de maneira 100 % electrónica ou presencialmente a través das entidades financeiras colaboradoras. O sistema integra tamén información co Servizo de Gardacostas, coa Plataforma Tecnolóxica da Pesca e con outras ferramentas que a Xunta pon ao servizo dos sectores pesqueiros e marisqueiros para mellorar a xestión e a rastrexabilidade.

A Consellería de Mar lembrou que a pesca marítima de recreo ten “un peso social moi destacado en Galicia”, con 81.103 licenzas tramitadas en 2025, 78.075 de superficie, 3.018 de submarina e 10 correspondentes á 6ª lista. A maioría destas xestións realizáronse a través das entidades financeiras colaboradoras (64.634), mentres que 14.303 foron tramitadas pola sede electrónica.

“Esta dimensión converte a Galicia nunha das comunidades con maior actividade recreativa pesqueira do Estado e subliña a necesidade dun sistema dixital interoperábel que facilite a planificación, o control e a sustentabilidade desta modalidade”, engadiu a Xunta.

As ferramentas presentadas forman parte da estratexia global de transformación dixital impulsada pola Consellería do Mar e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, que inclúe proxectos como Lonxas Galegas 4.0, AXUMAR ou MOVTIC, entre outros, orientados a mellorar a eficiencia, a transparencia e a competitividade do sector.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.