A San Silvestre Padronesa 2025 convida á veciñanza a despedir o ano cunha carreira solidaria de 5,7 km

09 Decembro 2025

O Concello de Padrón convoca un ano máis á veciñanza a participar na San Silvestre Padronesa, unha carreira non competitiva, solidaria e aberta a todas as idades, que se celebra o mércores 31 de decembro ás 17.00 horas.

O percorrido, de aproximadamente 5,7 quilómetros, comezará no paseo do Espolón, que tamén será o punto de inscrición. A proba pode completarse camiñando, correndo ou en bicicleta, fomentando a participación familiar, e as persoas menores deberán ir sempre acompañadas dun adulto responsábel.

As inscricións realizaranse no mesmo paseo do Espolón entre as 15.45 horas e 10 minutos antes do inicio. Cada participante deberá entregar un quilo de alimento non perecedoiro, que será destinado a entidades sociais do municipio, reforzando así o carácter solidario da cita. Ao finalizar a carreira, todos os participantes serán agasallados cun chocolate con churros, consolidando unha tradición que une deporte, convivencia e celebración para pechar o ano.

A San Silvestre Padronesa está organizada polo Concello de Padrón, coa colaboración de Cáritas Padrón, o Club Ciclista Padronés Cortizo, Protección Civil de Padrón e a Deputación da Coruña.

Esta cita deportiva reflicte o compromiso do Concello coa promoción do deporte, a vida saudable e a participación veciñal, enmarcándose na programación de Nadal do municipio. O Concello anima á veciñanza a sumarse a esta actividade que cada ano reúne centos de persoas e contribúe a crear un ambiente festivo, solidario e comunitario.

Para máis información, as persoas interesadas poden contactar coa Oficina de Deportes do Centro Social no teléfono 981 811 329.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.