A Xunta recoñece o labor de 16 centros galegos na promoción da convivencia e na loita contra o acoso escolar. Muros e Vilagarcía entre os premiados

08 Decembro 2025

Entre os premiados o CEP Plurilingüe de Louro (Muros) e o IES Armando Cotarelo Valledor (Vilagarcía de Arousa)

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP vén de resolver a edición 2025 dos premios ConVivimos e Tolerancia Cero fronte ao acoso escolar, recoñecendo o compromiso de 16 centros educativos galegos co fomento da convivencia, o benestar emocional e a prevención do acoso nas aulas.

Con estes galardóns, o Goberno galego reafirma a súa aposta por promover un clima escolar positivo, visibilizando iniciativas exemplares e recoñecendo o traballo continuado dos centros neste eido. Estes premios forman parte dun conxunto de accións incluídas na Estratexia galega de convivencia escolar e no Plan integral contra o acoso e o ciberacoso.

Premio ConVivimos 2025

Na súa terceira edición, o Premio ConVivimos distingue o labor de oito centros, repartidos polas catro provincias galegas. A iniciativa pon en valor proxectos que melloran a convivencia escolar e o benestar emocional do alumnado.

Categoría A (Educación Primaria)

  • 1º premio (5.000 €): Colexio de Cervo
  • 2º premio (2.500 €): CEP Plurilingüe de Riomaior (Vilaboa)
  • 3º premio (1.000 €): CEIP O Castiñeiro (Laza)
  • Mención de honra (500 €): CEP Plurilingüe de Louro (Muros)

Categoría B (Secundaria, Bacharelato, FP, Adultos e Réxime especial)

  • 1º premio (5.000 €): IES de Cacheiras (Teo)
  • 2º premio (2.500 €): Instituto de Poio
  • 3º premio (1.000 €): IES de Cotobade (Cerdedo-Cotobade)
  • Mención de honra (500 €): IES Perdouro (Burela)

Premio Tolerancia Cero contra o acoso 2025

A segunda edición deste galardón recoñece a outros oito centros pola súa implicación en accións contra o acoso e o ciberacoso, así como pola promoción do respecto aos dereitos humanos e o acompañamento ás vítimas.

Categoría A (Educación Primaria)

  • 1º premio (8.000 €): Colexio Plurilingüe de San Roque de Darbo (Cangas)
  • 2º premio (4.000 €): Rosalía de Castro (Xinzo de Limia)
  • 3º premio (2.000 €): CEE Infanta Elena (Monforte de Lemos)
  • Mención de honra (1.000 €): CEIP Eusebio da Guarda (A Coruña)

Categoría B (Secundaria, Bacharelato, FP, Adultos e Réxime especial)

  • 1º premio (8.000 €): IES Armando Cotarelo Valledor (Vilagarcía de Arousa)
  • 2º premio (4.000 €): Instituto Lauro Olmo (O Barco de Valdeorras)
  • 3º premio (2.000 €): IES de Cacheiras (Teo)
  • Mención de honra (1.000 €): IES Leiras Pulpeiro (Lugo)

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.