A exposición “aMar” de Lorena do Merlo abre en Rianxo as actividades da VIII Mostra Mares da Fin do Mundo, que arrinca oficialmente este 10 de decembro

07 Decembro 2025

No Auditorio de Rianxo podemos visitar estes días unha exposición fotográfica que homenaxea á xente do noso mar: a mostra aMar de Lorena do Merlo. Inclúe unha escolma de 40 imaxes na que a autora rende unha homenaxe visual á dignidade do traballo no mar, á beleza dura da rutina e á forza da colectividade mariñeira. A exposición, que forma parte da programación da VIII Mostra Internacional de Cinema Documental (Mares da Fin do Mundo) que este ano se celebrará en Rianxo, poderase visitar ata o 14 de decembro.

Lorena do Merlo, fotógrafa de Boqueixón afincada no Barbanza (en Aguiera, Porto do Son), incluíu nesta exposición un conxunto moi destacado de imaxes en branco e negro e en cor, realizadas cunha cámara Canon Mark IV e unha Canon R6, que recollen con diferentes ópticas o mundo da pesca e o lado humano que hai detrás dos profesionais que protagonizan a actividade pesqueira do municipio.

Festival Mares da Fin do Mundo

A exhibición fotográfica de Lorena do Merlo encádrase (a xeito de antesala) na celebración da oitava edición da Mostra Internacional de Cinema Documental Mares da Fin do Mundo, que este ano desenvólvese en Rianxo logo do seu paso por Ribeira e, previamente, por Outes.

A Mostra celebrarase entre os días 10 e 14 de decembro no Concello de Rianxo. Un total de trinta e cinco filmes nacionais e internacionais repartiranse nas distintas seccións previstas nesta edición. Ademais, a programación complementaranse con actividades paralelas que se desenvolverán en diversas localizacións do municipio.

Quen precise máis información tena na páxina web da Mostra.

Outros artigos

Rianxo e A Estrada xa son oficialmente concellos irmáns

Este luns 19 de outubro formalizouse finalmente a sinatura do protocolo de irmandamento entre os concellos da Estrada e Rianxo, historicamente unidos polas figuras de Virxinia Pereira Renda (A Estrada) e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo). A fraternidade...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.