Noia inaugura o seu renovado Museo do Mar

06 Decembro 2025

A vila de Noia celebrou esta tarde, malia á intensa chuvia, a inauguración oficial do seu Museo do Mar, que reabre ao público tras varios anos pechado. Máis dun cento de persoas participaron no acto, no que puideron descubrir a nova proposta museística a través dunha visita guiada polas súas tres plantas completamente remodeladas.

A renovación do espazo é resultado da colaboración entre o Concello de Noia e a Asociación Mar de Noia, que uniron esforzos para dar forma a un museo moderno, divulgativo e profundamente enraizado na identidade mariñeira do municipio.

Durante o acto interviñeron o alcalde, Fran Pérez, e o tenente de alcalde, Manolo Seijas, quen destacaron que este é “o modelo de Museo do Mar que queriamos: aberto á cidadanía, participativo e vivo”. Ambos expresaron o seu agradecemento á asociación e ás persoas que fixeron posible esta nova etapa dun espazo que se converte nun referente para a memoria marítima da vila.

Horarios especiais de apertura

Para facilitar as primeiras visitas, o Museo do Mar contará con horarios ampliados nas próximas datas:

11, 12 e 13 de decembro

🕘 10:00–14:00 h

Campaña de Nadal

📅 16, 17, 18, 19, 20, 22, 23, 26, 27, 29 e 30 de decembro
📅 2 e 3 de xaneiro
🕘 10:00–14:00 h

Ademais, diversos centros educativos da comarca teñen previsto achegarse ao museo nas próximas semanas, reforzando unha liña de traballo que busca fomentar entre o alumnado o coñecemento da historia, do patrimonio e das tradicións vinculadas ao mar.

Con esta reapertura, Noia recupera un espazo emblemático e dá un paso decisivo na posta en valor do seu legado mariñeiro, consolidando o seu compromiso coa preservación e difusión da identidade cultural local.

Remitidas

Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.