O vindeiro xoves, 18 de decembro, a Casa da Cultura de Porto do Son acollerá unha charla para nais, pais e adolescentes sobre o ocio nocturno.
O coloquio dividirase en dúas quendas, sendo ás 10:00 h para o alumnado do IES Porto do Son e ás 19:30 h para nais, pais e público en xeral.
Esta actividade creará un espazo de confianza, da man do Policía Local Martín Camba, no que poder expoñer todas as dúbidas.
Segundo informou o Concello de Porto do Son, será unha gran oportunidade para previr situacións de risco e para aprender a coidar e acompañar mellor á poboación nova.
Trátase dunha actividae organizada polo Concello de Porto do Son e o ANPA “Fraga de Novio” de IES Porto do Son, en colaboración da Policía Local.




