As vendas de produtos do mar co selo Pescaderías superan as 15.000 toneladas e o medio milleiro de axentes adheridos (con Ribeira e Portosín liderando o “ranking”)

05 Decembro 2025

Unha trintena de establecementos de Santiago de Compostela, Teo, Allariz, Pontevedra e A Coruña recibiron este venres 5 de decembro a certificación PescadeRías, de onde se non?. O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Cándido Rial, participou na entrega deste distintivo que acredita a orixe e frescura do peixe e marisco procedentes do litoral galego.

Segundo informou, desde a súa posta en marcha, no 2008, o volume de produto certificado con este selo foi aumentando ano tras ano e, nestes momentos, xa supera as 15.000 toneladas, sendo as lonxas de Ribeira e Portosín as que rexistran a maior porcentaxe de venda.

Asemade, xa son 510 os axentes adheridos, dos que 190 son peixerías, 168 restaurantes, 44 lonxas e centros de primeira venda, 34 centros de depuración e expedición, 33 distribuidores, 28 empresas de transformación e 13 tendas on line.

“Trátase dunha evolución que continúa á alza e que sitúa a esta marca como unha ferramenta clave para diferenciar no mercado e nas cadeas de distribución os produtos procedentes da flota artesanal galega, asegurando aos consumidores unha compra responsable e de máxima calidade”, sinalou, engadindo que este distintivo certifica produtos capturados como máximo 24 horas antes da primeira venda, con modalidades de pesca selectiva e respectuosas co medio. Por exemplo, algas, peixes, crustáceos, cefalópodos, equinodermos, antozoos ou moluscos que son extraídos con nasas, anzol, enmalle, artes de cerco, marisqueo e boliche ou con técnicas de mergullo para recursos específicos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.