O Intecmar reabre varios bancos marisqueiros e polígonos de bateas ao remitir a marea vermella nas rías galegas

04 Decembro 2025

O Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño (Intecmar) decretou a reapertura de varios bancos marisqueiros na ría de Pontevedra e de diferentes polígonos de bateas de mexillón na ría de Arousa, tras constatar unha mellora na presenza de toxinas no medio mariño.

A marea vermella por toxina lipofílica —causante de episodios de diarrea e responsable do peche de numerosas zonas de produción nas últimas semanas— inicia así unha fase de remisión que permite recuperar parte da actividade marisqueira e bateeira.

No que respecta a os polígonos de cultivo, este xoves quedou reaberto o de Sada 1, na ría de Ares-Betanzos. Tamén retomaron a actividade os polígonos A Pobra A e C, na ría de Arousa, onde hai dous días xa foran reabertos os de Vilagarcía B1 e B2. A pesar destes avances, continúan pechados aproximadamente tres de cada catro dos máis de 50 polígonos existentes en Galicia.

Paralelamente, durante esta semana tamén reabriron diversos bancos marisqueiros na ría de Pontevedra, en zonas como Poio, así como na coruñesa ría do Burgo.

Con estas novas autorizacións, unicamente permanecen pechados en Galicia os bancos de Corcubión-Fisterra, tres zonas da ría de Pontevedra e outras tres áreas da ría de Vigo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.