O PSdEG reclama á Xunta unha nova EDAR na parroquia de Dodriño, Dodro

03 Decembro 2025

O PSdeG-PSOE reclámalle á Xunta de Galicia unha nova EDAR para a parroquia de Dodriño, no municipio de Dodro, que sexa “moderna, eficiente e tamén acorde ás necesidades actuais desta parroquia”. 

Aitor Bouza, deputado socialista no Parlamento de Galicia, pide deste xeito ao goberno autonómico de Alfonso Rueda “que se comprometa co Concello de Dodro” facendo esta estación depuradora de augas residuais. 

Con este obxectivo, o parlamentario anuncia que vai instar á Xunta “a que se incorpore nos orzamentos de 2026 esta partida” para que este compromiso de Augas de Galicia “dende hai moitos anos co concello que se faga xa realidade dunha vez”. 

“Polo tanto, levaremos ao Parlamento esta batería de iniciativas na que exiximos ao goberno da Xunta de Galicia que cumpra cos veciños e veciñas de Dodro con esta nova EDAR na parroquia de Dodriño”, conclúe Bouza. 

Dentro desta batería de iniciativas, o Grupo Parlamentario Socialista presentará unha proposición non de lei neste sentido que sinala que “é imprescindible que o Goberno galego asuma a súa responsabilidade e dea unha resposta inmediata a unha actuación prioritaria para garantir unha depuración axeitada, a protección ambiental e a saúde pública”. 

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.