O XIX Premio Internacional de Arte Gráfica Jesús Núñez achega un obradoiro de gravado ao Lustres Rivas

02 Decembro 2025

O Centro Cultural Lustres Rivas acolleu esta xornada un obradoiro de gravado organizado no marco do XIX Premio Internacional de Arte Gráfica Jesús Núñez. A sesión estivo impartida por Pedro Galilea, da Fundación Centro Internacional da Estampa Contemporánea de Betanzos, e Pablo Muñoz, do estudo Río Río.

C.R.

Pola mañá, unha vintena de estudantes de 3º da ESO do CPR Galaxia, acompañados polo seu profesor de Arte, Fernando Yáñez, participaron na actividade. Durante o taller, o alumnado coñeceu todo o proceso de creación dunha estampa a punta seca, desde o debuxo inicial ata o gravado, o entintado e a posterior impresión.

Xa pola tarde, o obradoiro abriu as súas portas ao público adulto, entre o que se atopaban varios creadores locais. A sesión contou tamén coa presenza da alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, e da concelleira de Cultura, Ana Barreiro, que se achegaron para coñecer de primeira man o desenvolvemento da actividade.

Exposición aberta ata o 13 de decembro

Paralelamente, no propio Lustres Rivas pode visitarse ata o 13 de decembro unha selección de 23 obras pertencentes á edición 2024 deste premio, promovido pola Deputación da Coruña. A mostra reúne creacións realizadas con diversas técnicas, escollidas polo xurado do certame.

Entre as pezas expostas destaca a obra gañadora, A la deriva II, unha serigrafía de José Andrés Santiago, así como a mención de honra Nevado II, de Miriam Canera Arranz.

A sala permanece aberta de luns a venres, de 10:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:00 horas, e os sábados, de 10:00 a 14:00 horas.

C.R.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.