O Concello de Boiro adquire un vehículo 100% eléctrico para a recollida de residuos orgánicos

02 Decembro 2025

O Concello de Boiro vén de adquirir un vehículo 100% eléctrico, carrozado como recolector de residuos. A adquisición deste vehículo realizouse ao abeiro das axudas en materia de residuos de competencia municipal para a implantación de recollidas separadas.

Dende o Goberno local explicaron que estamos ante un vehículo 100% eléctrico carrozado como recolector RSU de carga traseira non compactador para bioresiduos de nova fabricación, adaptado á estrutura urbana das rúas e puntos de recollida do municipio.

Xunto coa adquisición deste vehículo, levouse a cabo unha campaña de concienciación sobre a implantación do quinto contedor. As dúas accións desenvolvéronse mediante o financiamento da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático a través das axudas encamiñadas a levar a cabo actuacións en materia de residuos de competencia municipal, co-financiadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

O Concello de Boiro está a traballar na implantación do contedor marrón con diversas accións como a adquisición deste vehículo. No mes de outubro levouse a cabo unha campaña informativa e de concienciación e no mes de novembro instaláronse os primeiros contedores marróns para os grandes produtores. Deste xeito o que se busca “é que a implantación do contedor de residuos orgánicos sexa progresiva e concienciar á veciñanza sobre boas prácticas de reciclaxe”, explicou o Concello.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.