Tona publica este martes, 2 de decembro, o seu álbum debut “Cruseiro”

02 Decembro 2025

Tona, o proxecto musical liderado polo muradán Miguel Cernadas (Terbutalina), lanza este martes, 2 de decembro, Cruseiro, o seu álbum debut, un EP con cinco temas no que se cruzan melodías tradicionais con blues, pop e rock and roll, “todo coa intención de facer bailar”, segundo adiantou. O disco, editado por Tremendo Audiovisual, xa se pode escoitar nas principais plataformas dixitais.

Tona conta con Miguel Cernadas na voz e composición; Tomás Ageitos (Compañía do Ruído, Das Kapital) na batería e composición; Andrés Real (Oh Ayatollah) ao baixo; Roberto Comesaña no acordeón; e Gutier Álvarez no violinofón. Todos eles acompáñanse de Víctor Álvarez como coautor, arranxista e técnico de son ao vivo.

Precisamente este sábado, 6 de decembro, a partir das 12.00 horas, o público poderá descubrir en directo a música de Tona na 10ª Foliada da Fonsagrada.

Para a banda, Cruseiro ten “un pouco de todo, ten harmonía, ten melodía e ten retranca”, di Cernadas. “É unha pota na que se funden melodías, ritmos e contos; é o cazo onde cociñamos Tona”, asevera Ageitos, natural de Ribeira. Ao fío, Álvarez alude á “sonoridade singular” do proxecto, que combina melodías tradicionais con blues, pop e rock, e “que alenta os mediodías e seráns de baile”.

Cruseiro preséntase, segundo o seu cantante, como unha “apoloxía da aldea, da lingua, do noso carácter e da nosa tradición”. Os cinco temas que compoñen o EP (Carracho, O casal, Rhumba95, Maio e Asubío -que se estrea hoxe-) dan boa conta dos ritmos e melodías tradicionais do país -como A saia da Carolina que se descubre no tema Maio-, pezas que convidan a sacar puntos, raros ou non, para non deixar de bailar.

Xa está dispoñíbel para a súa visualización o videoclip de Carracho.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...