Gran acollida no primeiro día de reparto dos Bonos Padrón, con  1.258  unidades entregadas

01 Decembro 2025

O Concello de Padrón iniciou hoxe o reparto dos Bonos Padrón na planta baixa da Escola Municipal de Música, nunha campaña enfocada a impulsar o consumo local durante as festas do Nadal. A acollida foi moi elevada desde primeira hora: ás 15.00 horas xa se entregaran  1.258  bonos, unha cifra que confirma o interese da veciñanza nesta medida de apoio ao comercio de proximidade.

O alcalde, Anxo Arca, acompañado das concelleiras Chus Campos e Laura Horta, visitou o punto de distribución para coñecer de primeira man o desenvolvemento da xornada. A pesar dalgúns momentos de agarda debido á elevada afluencia, o proceso transcorreu con normalidade e axilidade, atendéndose todas as solicitudes sen incidencias.

O reparto continuará ata esgotar as 2.000 unidades dispoñibles, cun prazo máximo ata o mércores 3 de decembro, en horario ininterrompido de 11.00 a 18.00 horas. Para recoller os bonos é necesario presentar o DNI físico, e cada persoa empadroada pode retirar ata dúas unidades.

A campaña conta coa participación de 65 establecementos locais —entre comercios, hostalaría e aloxamentos— nos que os bonos poden empregarse como desconto de 10 euros en compras iguais ou superiores a 20 euros, ata o 31 de decembro.

O Concello destaca que esta iniciativa busca dinamizar o comercio padronés durante o Nadal, apoiar ao tecido empresarial e ofrecer un incentivo directo á cidadanía para realizar as súas compras no municipio.

A lista completa de establecementos adheridos e toda a información sobre o funcionamento dos bonos está dispoñible en bonospadron.gal e na web municipal.

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.