No hospital de Barbanza permanecen ingresados catro pacientes. Dous falecidos no Hospital de Ferrol elevan a 565 as vítimas da COVID-19 en Galicia.

03 Maio 2020

Dúas persoas que permanecían ingresadas con coronavirus no Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol ( CHUF) faleceron nas últimas horas. Deste xeito, as vítimas da COVID-19 en Galicia elévanse a 565. Segundo informan este domingo fontes da Consellería de Sanidade, trátase dunha muller de 87 anos e un home de 74 que ademais contaban con patoloxías previas. Con eles, elévase a 438 o total dos falecidos en hospitais galegos como consecuencia da pandemia da COVID-19, despois de que este sábado Sanidade realizase unha «revisión clínica» dalgúns casos que obrigou a modificar as cifras. Ademais, o último balance da Consellería non notificou ningún falecemento entre os usuarios das residencias de maiores, despois de que este sábado informase de dúas novas vítimas mortais no centro Santa Teresa de Jornet, da Coruña, que elevaron o reconto a 127. Así, das 565 persoas que morreron con COVID-19 na Comunidade galega, un total de 253 (o 44,8 por cento) gardaban relación coas residencias da terceira idade, 127 faleceron nos propios centros e 126 en hospitais ou residencias integradas.

Outros artigos

Boiro celebra o Samaín cunha nova edición do Túnel do Terror

Este sábado 31 de outubro imos ter en Boiro unha das principais actividades do programa de Samaín no Barbanza: o Túnel do Terror que organiza cada ano o colectivo xuvenil Turbina co apoio do Concello de Boiro. Dará comezo ás 18.30 horas no local Leñaverde (Centro...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.