A Asociación Francisco Lorenzo Mariño entrega a doazón do Ciclo de Contadas de Humor FLM 2025

30 Novembro 2025
AFLM

A Asociación Francisco Lorenzo Mariño de Aguiño expresou a súa satisfacción pola entrega, na noite do sábado 29 de novembro, da doazón recadada a través dos aportes do público asistente ao Ciclo de Contadas de Humor FLM de Aguiño 2025, celebrado durante os sábados deste mes.

O ciclo estaba inicialmente composto por catro sesións, mais a prevista para o 15 de novembro, protagonizada por María da Pontragha, tivo que ser adiada debido á inundación do local. A actividade queda reprogramada para o sábado 17 de xaneiro, no mesmo lugar e á mesma hora.

Si se puideron celebrar, con grande acollida, as contadas do 8 de novembro con Celso Fernández Sanmartín, a do 22 con Vero Rilo e a deste sábado con Quico Cadaval.

Grazas á participación do público, acadouse unha recadación récord de 659,67 euros, que será transferida íntegramente á Asociación Galega de Nenos con Cancro (ASAN).

Dende a entidade organizadora destacaron a solidariedade da veciñanza e a importancia de manter vivo un ciclo cultural que, ano tras ano, combina humor, tradición oral e compromiso social.

AFLM

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.