Noia regulariza a contratación da iluminación festiva cun contrato bianual que reduce custos e amplía servizos

30 Novembro 2025

O Concello de Noia vén de adxudicar á empresa Iluminaciones Santiaguesa o servizo de iluminación ornamental durante as celebracións de Nadal, San Marcos e San Bartolomeu. O contrato, cun importe anual de 55.000 euros e unha duración de dous anos, garante estabilidade ao servizo e pon fin a unha década de contratacións irregulares.

O concelleiro de Facenda, Manolo Seijas, subliñou que esta adxudicación cumpre o obxectivo do actual goberno local de “poñer orde e legalidade na contratación municipal”, lembrando que o Tribunal de Contas emitiu varios requirimentos polo abuso do contrato menor no pasado, ademais dunha investigación en marcha por parte da Fiscalía.

Segundo explicou Seijas, o novo contrato permitirá “reducir o custo económico do servizo ao mesmo tempo que se amplían as zonas iluminadas da vila”, posibilitando unha planificación anticipada das campañas e un maior impacto na dinamización comercial e turística durante os principais eventos festivos.

Con esta medida, o Concello de Noia reafirma o seu compromiso cunha xestión eficiente, transparente e orientada a mellorar os servizos públicos e a imaxe da vila.

C.Noia

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.