O Concello de Padrón celebrou este venres os actos centrais do 25N cunha emotiva homenaxe ás vítimas da violencia machista

28 Novembro 2025

O Concello de Padrón, a través do CIM Terras de Iria, conmemorou este venres os actos centrais do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, nunha xornada marcada pola participación cidadá e pola reivindicación dun futuro libre de violencias.

Ás 17.30 horas, a praza da Igualdade acolleu unha sentida homenaxe ás vítimas da violencia machista. Os membros da Corporación Municipal e a veciñanza uníronse nun acto de lembranza e solidariedade coas familias afectadas, reforzando a conciencia e o compromiso colectivo fronte a esta realidade.

Autoridades e veciñanza. Na homenaxe participou o alcalde de Padròn, membros da Corporación de Padrón, o alcalde de Dodro e a tenente de alcalde de Rois

Xa no Auditorio Municipal, a compañía Aantena puxo en escena a obra Golpes, unha proposta artística que aborda de forma directa o impacto emocional e social que a violencia exerce nas relacións afectivas.

A continuación, a concelleira de Muller e Igualdade, Mariló Saco, deu lectura ao manifesto institucional do 25N, no que fixo un chamamento a manter activa a resposta social contra todas as formas de violencia. No texto destacou que “algo estamos a construír mal nesta sociedade cada vez máis violenta onde non somos capaces de resolver os conflitos coa palabra” e lembrou que “un día unha desas mulleres pode ser a túa irmá ou a túa amiga”. A concelleira concluíu cun contundente “xa abonda!”, apelando á implicación colectiva para erradicar esta lacra.

O acto incluíu tamén a entrega dos premios do V Certame de Debuxo, dirixido ao alumnado de Primaria dos centros educativos de Padrón. O xurado destacou a creatividade e a sensibilidade das obras presentadas. Os nomes dos premiados nesta edición foron, en Primeiro ciclo, Lois Couto (CEIP Flavia) e Aírton Varela (CEIP Rosalía); en Segundo ciclo, Diego Martínez (CEIP Flavia) e Violeta Taboada (CEIP Rosalía); e en Terceiro ciclo, Virginia B. López (CEIP Flavia) e Adela Sánchez (CEIP Rosalía). As obras estiveron expostas dende o 14 de novembro en escaparates de comercios, bares e locais de restauración, reforzando a colaboración entre a comunidade educativa e o tecido empresarial local.

A concelleira Chus Campos

Amplo programa

Baixo o lema Corta cos roles que matan, corta coa violencia, o Concello de Padrón impulsou nas últimas semanas un programa de actividades culturais, educativas e de sensibilización que incluíu: a Iluminación en lila dos espazos monumentais; a actividade Latexos de Son Violeta; a intervención educativa nos centros escolares A man que acariña; reparto de folletos informativos e a colocación de candeas nos comercios en memoria das vítimas.

na homenaxe tamén participaron menores

O Concello de Padrón reafirma o seu compromiso en seguir avanzando cara a unha sociedade máis igualitaria, segura e libre de violencias, promovendo a educación en igualdade, reforzando os recursos de apoio ás vítimas e implicando a toda a cidadanía na prevención e eliminación da violencia de xénero.

Outros artigos

Rianxo e A Estrada xa son oficialmente concellos irmáns

Este luns 19 de outubro formalizouse finalmente a sinatura do protocolo de irmandamento entre os concellos da Estrada e Rianxo, historicamente unidos polas figuras de Virxinia Pereira Renda (A Estrada) e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo). A fraternidade...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.